Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44657

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante
o segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia para a mellora do sistema de alerta temperá de risco de inundación na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia para a mellora do sistema de alerta temperá de risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

175.000,00

10.5.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Establecer as condición que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2019 no marco do Proxecto Ríos

50.000,00

14.5.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para o apoio técnico e financeiro na execución das actuacións necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de Noia. Concello de Noia (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Noia que lle permitan acometer ao Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de Noia, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

149.000,00

16.5.2019

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Concello de Rianxo para a execución de actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo. Concello de Rianxo (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

24.5.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ribeira para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ribeira que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao Concello de Ribeira, para a óptima xestión do dito servizo

Sen achega económica

24.5.2019

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade da Coruña para a investigación sobre os procesos de depuración de Galicia

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Universidade da Coruña para o establecemento dunhas directrices estratéxicas de saneamento no medio rural de Galicia, que teñan como base a integración dos espazos institucional-normativo, o físico-ambiental, e o espazo do coñecemento

199.000,00

22.7.2019