Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 927/2016).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 927/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de las Mercedes Muñiz García contra Adrián Badiu Antache sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 tras ver o presente procedemento ordinario 927/2016 por instancia de María de las Mercedes Muñiz García, representada e asistida do letrado Blanco Casais contra Adrián Badiu Antache e Fogasa, os cales non comparecen malia constar citados en legal forma; en virtude das facultades que foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base no seguinte

Resolución

Estímase a demanda presentada pola parte demandante fronte a Adrián Badiu Antache e condénase a demandada ao aboamento de 5.483,09 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adrián Badiu Antache, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza