Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1112/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1112/2016 por instancia da Mutua Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Antonio García Núñez, a Empresa Transcoruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre responsabilidade empresarial, nos cales se ditou sentenza o 23 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Mutua Fremap fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Antonio García Núñez e a empresa Transcoruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia:

– Revógase a resolución do INSS pola que declara a responsabilidade exclusiva da Mutua Fremap na incapacidade permanente total do traballador José Antonio García Núñez.

– Declárase a responsabilidade empresarial por infracotización da empresa Transcoruña, S.L. na referida incapacidade nun 73,88 % da base reguladora con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transcoruña, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza