Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (653/2016).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 653/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio García Núñez contra a empresa Trans Coruña, S.L., TXSS, INSS, Mutua Fremap, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolución

Estímase a demanda formulada e en consecuencia declárase o dereito que ten a parte demandante ao percibo da suma de 5.496,31 euros en concepto de diferenzas de prestación de incapacidade temporal percibidas entre o 12.2.2016 e o 15.8.2016, coa responsabilidade directa en canto ao seu aboamento de Trans Coruña, S.L., ben que coa obriga de anticipo pola Mutua Fremap e a responsabilidade última para o caso de insolvencia empresarial ou da Mutua, do INSS e a TXSS, sen prexuízo das accións de repetición que correspondan.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza