Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37711

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1655/2019 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1655/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 426/2017. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Minera de Rocas, S.L.

Avogada: Gema García Gómez

Recorridos: Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Minor Galicia, S.L., Canteras Vilafría, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Albino Piñeiro Sanjuan, Graniatios, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Ricardo Garrido Insua, Francisco Cabaleiro Nogueira, Clementina Cabaleiro Núñez, AXA Seguros Generales, S.A. Seguros y Reaseguros, Mutua General de Seguros, S.A., Imperio Vida y Diversos, S.A. de Seguros y Reaseguros, Tomás Santodomingo Arguindey

Avogado/a: Roque Méndez Robleda, Emilio de la Cuesta Mediero, Ramón José Pena Fraga, Emilio de la Cuesta Mediero, Óscar Abellas Fernández, Ignacio Albo Rodríguez, Ramiro José Andrés González

Graduada social: Rosa Ana Álvarez Bastero

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1655/2019 desta sección, seguido por instancia de Minera de Rocas, S.L. contra Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Minor Galicia, S.L., Canteras Vilafría, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Albino Piñeiro Sanjuan, Graniatios, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Ricardo Garrido Insua, administrador concursal de Graniatos, S.L., Francisco Cabaleiro Nogueira, Clementina Cabaleiro Núñez, AXA Seguros Generales, S.A. Seguros y Reaseguros, Mutua General de Seguros, S.A., Imperio Vida y Diversos S.A. de Seguros y Reaseguros, Tomás Santodomingo Arguindey, administrador concursal de Canteras Vilafría, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Mineras de Roca, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo do 11 de outubro de 2018, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase a demandada recorrente a que aboe ao demandante a suma de 300 (trescentos) euros en concepto de honorarios dos letrados impugnantes de recurso.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. e Imperio Vida y Diversos, S.A. de Seguros y Reaseguros, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza