Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SS 507/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SS 507/2019, seguido por instancia de Hortensia Abelenda García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal e Confecciones Herdil, S.L., sobre impugnación de alta médica, se ditou a Sentenza 400/2019, do 23 de xullo, pola que se desestima a demanda e contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Herdil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza