Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37688

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2019 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante, LOU); no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante, RDAN), e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2019, aprobada pola Resolución do 8 de abril de 2019 (DOG do 16 de abril).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolveu convocar concurso de acceso das prazas, polo sistema de acceso libre e polo sistema de promoción interna, que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estea previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Requisitos xerais.

Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, e os seus descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidas a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Para as prazas de promoción interna.

De conformidade co disposto no punto 2º do artigo 62 da LOU, poderan presentarse aos concursos das prazas comprendidas na presente convocatoria os/as funcionarios/as de carreira do corpo de profesores/as titulares de universidade, catedráticos/as de escola universitaria ou da escala de investigadores/as científicos/as dos organismos públicos de investigación, que prestasen, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo a dita condición.

Os/as funcionarios/as que participen neses concursos deberán estar acreditados/as para o corpo docente de catedráticos/as de universidade.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

2.2.2. Para prazas de quenda libre.

Ser doutor/a e estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de profesores e profesoras titulares de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

2.3. Presentación dos requisitos.

Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa Mestranza, 9, A Coruña), ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 42,24 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións; no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da minusvalidez ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes e poderán unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente da Universidade da Coruña ditará unha resolución aprobando a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e a título divulgativo no enderezo da internet: https://www.udc.es/gl/pdi/concursos/concursos_funcionarios/index.html.

4.2. Contra a devandita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos que a notificación persoal ás persoas interesadas.

5. Comisión de acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falla, por orde correlativa e nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4 Dentro de devandito prazo, o/a presidente/a, despois de consultar cos restantes membros ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que son citados, convocando:

a) Todos os membros titulares da comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuaren acto de constitución desta e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.

b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, o lugar e a hora para a realización do devandito acto; para estes efectos o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da comisión e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder dous días hábiles.

5.5. A constitución da comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorran a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu presidente será substituído polo/a vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se unha vez comezada a primeira proba a comisión queda con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución a comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) Currículo, no que se detallarán ou seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O currículo deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de serlle adxudicada a praza a que concursa; o devandito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. Non acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a realización das probas deban serlles comunicadas; así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O secretario da comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.

7. Realización das probas.

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada por Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 polo que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da comisión de acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización das probas publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de acceso a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da comisión de acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

8.4 Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de no incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola comisión, que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A comisión de reclamacións oirá os membros da comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación e as persoas candidatas que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Protección de datos de carácter persoal.

11.1. De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola UDC para a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e Seguridade Social e xestión de persoal.

11.2. O órgano responsable do devandito tratamento é a Secretaría Xeral ante a que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade, na Reitoría da UDC, rúa Mestranza, 9, 15001 A Coruña, correo electrónico: rpd@udc.gal, teléfono 881 01 11 61.

A delegada de Protección de Datos é Luz María Puente Aba: dpd@udc.gal

11.3. A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia).

11.4. Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia, e nos supostos de obrigas legais.

11.5. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica da UDC.

Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizaren a reclamación que consideren oportuna.

12. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de agosto de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de concurso: 19/043. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Educación Física e Deportiva.

Departamento: Educación Física e Deportiva.

Actividade docente: 620G01024 Metodoloxía do rendemento deportivo.

Actividade investigadora: rendemento deportivo: avaliación neuromuscular e deportes de equipo.

Centro: Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.

Número de concurso: 19/044. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Lingüística Xeral.

Departamento: Letras.

Actividade docente: 613G01004 Lingüística xeral.

Actividade investigadora: análise do discurso. Lingüística das linguas de signos.

Centro: Facultade de Filoloxía.

Número de concurso: 19/045. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 730G03026 Mecánica; 4497228 Cinemática e dinámica de robots industriais.

Actividade investigadora: aplicacións industriais do láser.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 19/046. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 730G3003 Física I; 730G03009 Física II; 730G04075 Técnicas de fabricación avanzada; 4495007 Tratamentos térmicos e análise mediante láser.

Actividade investigadora: procesado, tratamento e caracterización de materiais con láser.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 19/047. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Civil.

Departamento: Dereito Privado.

Actividade docente: 612G01016 Dereito de obrigas e danos.

Actividade investigadora: dereito de sucesións e dereito inmobiliario e da construción.

Centro: Facultade de Dereito.

Número de concurso: 19/048. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Mercantil.

Departamento: Dereito Privado.

Actividade docente: 612G01035 Dereito mercantil: contratos empresariais, dereito concursal e dereito marítimo.

Actividade investigadora: contratación mercantil; dereito dos seguros privados.

Centro: Facultade de Dereito.

Número de concurso: 19/049. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Filosofía do Dereito.

Departamento: Dereito Privado.

Actividade docente: 612G01026 Filosofía do dereito; 612G01040 Dereito e biomedicina.

Actividade investigadora: política e dereito; bioética e dereito.

Centro: Facultade de Dereito.

Número de concurso: 19/050. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 4495002 Vicoelasticidade de materiais; 4495004 Propiedades termomecánicas de materiais. Métodos avanzados.

Actividade investigadora: análise térmica e reoloxía.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 19/051. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Actividade docente: 4497012 Enxeñaría de estruturas; 730G03013 Resistencia dos materiais; 730G03070 Tipoloxías estruturais; 730G03071 Tecnoloxía e deseño de estruturas.

Actividade investigadora: unións semirríxidas de estruturas metálicas.

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 19/052. Número de prazas: 1. OEP: 2019.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Departamento: Pedagoxía e Didáctica.

Actividade docente: 652G02016 Educación Inclusiva e multicultural.

Actividade investigadora: innovacións educativas.

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

ANEXO II

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Educación Física e Deportiva.

Praza número: 19/043.

Comisión titular:

Presidente: Ruiz Pérez, Luis Miguel, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Lago Peñas, Carlos, catedrático de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 1º: Feriche Fernández-Castanys, Belén, catedrática de universidade, Universidade de Granada.

Vogal 2º: Fernández del Olmo, Miguel Ángel, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Ureña Espá, Aurelio, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente: Devis Devis, José, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Secretario: Villa Vicente, José Gerardo, catedrático de universidade, Universidade de León.

Vogal 1º: Dorado García, Cecilia, catedrática de universidade, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria.

Vogal 2º: Arellano Colomina, Raúl, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Vogal 3º: Delgado Fernández, Manuel, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Lingüística Xeral.

Praza número: 19/044.

Comisión titular:

Presidente: Hernández Sacristán, Carlos, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Secretaria: Dorta Luis, Josefa, catedrática de universidade, Universidade de La Laguna.

Vogal 1º: Martí Antonín, María Antonia, catedrática de universidade, Universidade de Barcelona.

Vogal 2º: Díaz Hormigo, María Tadea, catedrática de universidade, Universidade de Cádiz.

Vogal 3º: Viana San Andrés, Amadeu, catedrático de universidade, Universidade de Lleida.

Comisión suplente:

Presidente: Casas Gómez, Miguel, catedrático de universidade, Universidade de Málaga.

Secretaria: Fernández Pérez, Milagros, catedrática de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Gallardo Paúls, Beatriz, catedrática de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 2º: Escandell Vidal, María Victoria, catedrática de universidade, Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Vogal 3º: Morant Marco, Ricardo, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Praza número: 19/045.

Comisión titular:

Presidente: Ocaña Moreno, José Luis, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Yáñez Casal, Armando José, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Cuadrado Aranda, Francisco Javier, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Mayo Núñez, Juana María, catedrática de universidade, Universidade de Sevilla.

Vogal 3º: Moreno Pedraz, Pablo, catedrático de universidade, Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Molpeceres Álvarez, Carlos, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Rodríguez Pérez, Jesús, catedrático de universidade, Universidade Rey Juan Carlos.

Vogal 1º: Poza García, Pedro Alberto, catedrático de universidade, Universidade Rey Juan Carlos.

Vogal 2º: Miguélez Garrido, María Henar, catedrática de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3º: Fernández Rico, José Esteban, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Praza número: 19/046.

Comisión titular:

Presidente: Cuadrado Aranda, Francisco Javier, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Yáñez Casal, Armando José, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Ocaña Moreno, José Luis, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Miguélez Garrido, María Henar, catedrática de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3º: Poza García, Pedro Alberto, catedrático de universidade, Universidade Rey Juan Carlos.

Comisión suplente:

Presidente: Rodríguez Pérez, Jesús, catedrático de universidade, Universidade Rey Juan Carlos.

Secretario: Moreno Pedraz, Pablo, catedrático de universidade, Universidade de Salamanca.

Vogal 1º: Molpeceres Álvarez, Carlos, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Mayo Núñez, Juana María, catedrática de universidade, Universidade de Sevilla.

Vogal 3º: Fernández Rico, José Esteban, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Civil.

Praza número: 19/047.

Comisión titular:

Presidente: Cobacho Gómez, José Antonio, catedrático de universidade, Universidade de Murcia.

Secretario: Pérez Álvarez, Miguel Ángel, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Asúa González, Clara Isabel, catedrática de universidade, Universidade do País Vasco.

Vogal 2º: Avilés García, Javier, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 3º: Pérez de Castro, Nazareth, catedrática de universidade, Universidade de Alcalá de Henares.

Comisión suplente:

Presidente: Marín López, Juan José, catedrático de universidade, Universidade de Castilla-La Mancha.

Secretario: Busto Lago, José Manuel, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Rodríguez Marín, Concepción, catedrática de universidade, Universidade de Granada.

Vogal 2º: Domínguez Luelmo, Andrés, catedrático de universidade, Universidade de Valladolid.

Vogal 3º: Bayod López, María del Carmen, catedrática de universidade, Universidade de Zaragoza.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Mercantil.

Praza número: 19/048.

Comisión titular:

Presidente: García-Pita Lastres, José Luis, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Bataller Grau, Juan, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 1º: Díaz Gómez, María Angustias, catedrática de universidade, Universidade de León.

Vogal 2º: Petit Lavall, María Victoria, catedrática de universidade, Universitat Jaume I, Castelló.

Vogal 3º: Tapia Hermida, Alberto Javier, catedrático de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Recalde Castells, Andrés Juan, catedrático de universidade, Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: Baena Baena, Pedro Jesús, catedrático de universidade, Universidade de Sevilla.

Vogal 1º: Boquera Matarredona, Josefina, catedrática de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 2º: Guerrero Lebrón, María Jesús, catedrática de universidade, Universidade Pablo de Olavide, Sevilla.

Vogal 3º: Sánchez-Calero Guillarte, Juan, catedrático de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: Filosofía do Dereito.

Praza número: 19/049.

Comisión titular:

Presidente: Serna Bermúdez, Pedro, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Fernández Ruiz-Gálvez, Encarnación, catedrática de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 1º: Vidal Gil, Ernesto Jaime, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 2º: Sauquillo González, Julián, catedrático de universidade, Universidade Autónoma de Madrid.

Vogal 3º: Garrido Gómez, María Isabel, catedrática de universidade, Universidade de Alcalá de Henares.

Comisión suplente:

Presidente: Megías Quirós, José Justo, catedrático de universidade, Universidade de Cádiz.

Secretaria: Gascón Abellán, Marina, catedrática de universidade, Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 1º: Bellver Capella, Vicente, catedrático de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 2º: Martínez de Pisón, José María, catedrático de universidade, Universidade de La Rioja.

Vogal 3º: Belloso Martín, Nuria, catedrática de universidade, Universidade de Burgos.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica.

Praza número: 19/050.

Comisión titular:

Presidente: Gómez de Salazar y Caso de los Cobos, José María, catedrático de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Artiaga Díaz, Ramón Pedro, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Corpas Iglesias, Francisco Antonio, profesor titular de universidade, Universidade de Jaén.

Vogal 2º: Sánchez Nacher, Lourdes, catedrática de universidade, Universidade Politécnica de Valencia.

Vogal 3º: Fernández Sánchez, Paloma, catedrática de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidenta: Salvador Moya, María Dolores, catedrática de universidade, Universidade Politécnica de Valencia.

Secretario: Mier Buenhombre, José Luis, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Ruiz Román, José Manuel, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Méndez Martín, María Bianchi, catedrática de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Vogal 3º: De Aza Moya, Piedad Nieves, catedrática de universidade, Universidade Miguel Hernandez de Elche.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Praza número: 19/051.

Comisión titular:

Presidente: Cuadrado Aranda, Francisco Javier, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Gutiérrez Fernández, Ruth María, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Loureiro Montero, Alfonso, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: López Díaz, Ana Jesús, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Naya Villaverde, Miguel Ángel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente: Yáñez Casal, Armando José, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Prado Novoa, María, profesora titular de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 1º: Nicolás Costa, Ginés, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Mayo Núñez, Juana María, catedrática de universidade, Universidade de Sevilla.

Vogal 3º: Ramil Rego, Alberto, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Corpo: profesores/as titulares de universidade.

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Praza número: 19/052.

Comisión titular:

Presidente: Torres Santomé, Jurjo, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretaria: Vázquez Recio, Rosa, profesora titular de universidade, Universidade de Cádiz.

Vogal 1º: Parrila Latas, Ángeles, catedrática de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 2º: Marrero Acosta, Javier Esteban, catedrático de universidade, Universidade de La Laguna.

Vogal 3º: Clemente Linuesa, María, catedrática de universidade, Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Fernández Sierra, Juan, catedrático de universidade, Universidade de Almería.

Secretaria: González Sanmamed, Mercedes, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Gallego Noche, Beatriz, profesora titular de universidade, Universidade de Cádiz.

Vogal 2º: Adell Segura, Jordi, profesor titular de universidade, Universitat Jaume I-Castelló.

Vogal 3º: Raposo Rivas, Manuela, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

missing image file

ANEXO IV

Currículum vítae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

– Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.