Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35660

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (XVB 758/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

Vistos estes autos seguidos como xuízo verbal número 758/2015, nos cales aparece como parte demandante a entidade G.A.G Internacional, S.L., representada polo procurador Camilo Enríquez Naharro e coa defensa técnica da letrada Lucía Martínez Cerezo, e como parte demandada Francisco Javier Prieto Álvarez e Jorge Prieto Álvarez, declarados en situación procesual de rebeldía.

Ourense, 13 de xuño de 2017.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Camilo Enríquez Naharro, en nome e representación da entidade G.A.G. Internacional, S.L., contra Francisco Javier Prieto Álvarez e Jorge Prieto Álvarez, declarados en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a indemnizar a demandante na cantidade de 5.994,8 euros. A dita cantidade devindicará o xuro legal do diñeiro desde a data da interpelación xudicial ata a data da presente resolución, e desde ese momento ata o seu pagamento ou consignación, os xuros de demora procesual do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Todo isto con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada. Notifíqueselles esta resolución ás partes. Así o acorda, manda e asina a señora Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense. Dou fe.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Jorge e Francisco Javier Prieto Álvarez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 3 de setembro de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza