Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35658

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 914/2019).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 914/2019 –LD–

Materia: despedimento disciplinario

Recorrente: Mónica Gradín Giráldez

Recorridos: Fogasa, Mantenimiento y Servicios Doval, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo

Despedimento obxectivo individual 569/2018

Casación para unificación de doutrina: 165/2019

Parte recorrente: Mónica Gradín Giráldez

Letrado: Andrés González-Palacios Sardina

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 914/2019, seguido por instancia de Mónica Gradín Giráldez contra Fogasa e Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, Sra. Bazarra Varela.

A Coruña, 11 de xullo de 2019.

O anterior escrito, subscrito polo letrado Sr. González-Palacios Sardina, en nome e representación de Mónica Gradín Giráldez, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por medio de escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días. Para o efecto, envíese edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación da presente resolución á parte contra a cal se recorreu, Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., por encontrarse en ignorado paradoiro.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que comparece de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza