Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 578/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 578/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Ríos Sampedro contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ader Recursos Humanos ETT, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di como segue:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por María Carmen Ríos Sampedro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Ader Recursos Humanos ETT, S.A. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións articuladas contra elas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se arquivará.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ader Recursos Humanos ETT, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza