Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 594/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 594/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Atesvi, S.L. contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Pablo Gómez Rodríguez, Isalcor Valga, S.L. e Fogasa, sobre seguridade social, se ditou a resolución seguinte:

«Resolvo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Atesvi, S.L. contra INSS, TXSS, Isalcor Valga, S.L. e Pablo Gómez Rodríguez, e absolvo os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza