Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34119

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (298/2017).

No procedemento de referencia ditouse sentenza o 17 de xuño de 2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Corcubión, 17 de xuño de 2019.

Xuíza: Carmen Pose Amado.

Procedemento ordinario 298/2017.

Demandante: María Soledad García Lema.

Procurador: Sr. García Lijó.

Letrado: Sr. Antelo Trillo.

Demandado: Juan Antonio Tajes Fernández.

Obxecto: reclamación de contía.

Resolución.

Aceptando a demanda presentada polo procurador Sr. García Lijó, na representación de María Soledad García Lema contra Juan Antonio Tajes Fernández, condeno o demandado a pagarlle á demandante o importe de 59.019,86 euros, cos xuros legais desde a presentación da demanda, o 2 de outubro de 2017, e os procesuais desde a sentenza, así como o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Respecto do demandado, conforme o disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil, a resolución deberá notificarse publicando extracto, por medio de edicto, no DOG ou BOE.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, sen efectos suspensivos, ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación, mediante escrito presentado neste xulgado.

Para interpoñer o recurso é necesaria a constitución dun depósito de 50 euros; sen tal requisito non se admitirá a trámite. O depósito constitúese consignando o importe na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado. A consignación deberá acreditarse ao interpoñer o recurso (disposición adicional décimo quinta LOPX), excepto os declarados exentos na disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

O depósito deberá constituírse ingresando o citado importe na conta deste expediente indicando “recurso”, seguido do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se realiza mediante transferencia bancaria deberá incluír, trala conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso”, seguida do código “02 civil-apelación”.

Para o caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución obxecto do recurso co formato dd/mm/aaaa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Juan Antonio Tajes Fernández, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza