Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34117

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (PO 633/2018).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no xuízo ordinario 633/2018, seguido neste xulgado, se ditou a Sentenza do 13 de maio de 2019 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 13 de maio de 2019

Vistos por min, María Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario 633/2018, promovidos por Arvicacao, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo e asistida polo letrado Tomás Santodomingo Harguindey, contra Aceysol Internacional de Alimentación, S.L., en situación procesual de rebeldía, autos dos que resulta o seguinte.

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Arvicacao, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo contra Aceysol Internacional de Alimentación, S.L., en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia, condeno a citada demandada a satisfacer á demandante a cantidade de oitenta e nove mil douscentos trece euros con trinta céntimos (89.213,30 euros) máis os xuros legais desde a demanda e con imposición das custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme que contra ela cabe interpor no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia. Asinada e publicada».

Despois de ser dada e lida na súa data, e ao atoparse en paradoiro descoñecido a demandada Aceysol Internacional de Alimentación, S.L., expido e asino este edicto para que lle sirva de notificación á referida demandada.

Vigo, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza