Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 698/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 698/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Bures Miguens contra a empresa Sanlusa Santiago, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

Resolvo:

Desestímase integramente a demanda interposta por instancia de Juan Carlos Bures Miguens, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Sanlusa Santiago, S.L. e, en consecuencia, absolvo as demandadas de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sanlusa Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza