Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 129/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel García Dios contra Líneanorte Multiservicios, S.L. e o Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 218/2019, do 15 de maio, ditada no procedemento ordinario 496/2016 a favor da parte executante, Daniel García Dios, fronte a Líneanorte Multiservicios, S.L. e ou Fogasa, parte executada, por importe de 1.972,12 euros en concepto de principal (1.519,58 euros en concepto de salarios e horas extras, 452,54 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto á cantidade anterior), máis outros 197,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina S.S ª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e logo da estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Líneanorte Multiservicios, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Daniel García Dios e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Líneanorte Multiservicios, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza