Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33781

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 488/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 488/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Augusto Gómez Mallo contra a empresa Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Acórdase aclarar o contido da Sentenza do 9 de abril de 2019, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Nos feitos probados engádese un numero sexto e, así, debe dicir: “6º. A demandada debe ao demandante por diferenzas salariais a cantidade de 4.042,47 euros netos, conforme o cadro anexo á demanda, para cuxo efecto se dá integramente por reproducido”.

Na resolución da sentenza debe dicir: “Estímase a demanda presentada por instancia de Augusto Gómez Mallo contra a entidade Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.042,47 euros netos en concepto de diferenzas retributivas e salarios desde maio a decembro de 2015, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros».

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza