Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33783

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 117/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 117/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Pais Mayo contra Redalux, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 191/2019, do 25 de abril de 2019, ditada no procedemento DSP 65/2019 a favor da parte executante, Santiago Pais Mayo, contra Redalux, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 86.320,88 euros en concepto de principal (67.735,90 euros en concepto de indemnización, 18.031,68 euros en concepto de salarios, 553,3 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 8.632,08 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Redalux, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 86.320,88 euros en concepto de principal (67.735,90 euros en concepto de indemnización, 18.031,68 euros en concepto de salarios, 553,3 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 8.632,08 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (númerdo de expediente xudicial 1589 0000 64 0117 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Redalux, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Redalux, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza