Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 431/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 431/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Graíño Arantón contra Rocorelpi, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Graíño Arantón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua e a entidade Rocorelpi, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións deducidas contra elas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se arquivará.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data na miña presenza, letrada da Administración de xustiza, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocorelpi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza