Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (157/2018).

María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 157/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nazaret Queijas Fondo contra Anàlisis Mèdiques Barcelona, S.L., Avanza Lab Inspección y Control, S.L., administrador concursal de Avanza Inspección y Control, S.L., sobre despedimento, se ditou con data do 3 de decembro de 2018 sentenza cuxa parte dispositiva é do teor seguinte:

«Decido

Tense por desistido a Nazaret Queijas Fondo na demanda formulada fronte a Anàlisis Mèdiques Barcelona, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Nazaret Queijas Fondo, contra a entidade Avanza Lab Inspección y Control, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 12 de xaneiro de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (12.1.2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Avanza Lab Inspección y Control, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 22.643,84 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar, por comparecencia ou por escrito, ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. As devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274, e deberá consignar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é físicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta nº: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Avanca Lab Inspección y Control, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza