Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 507/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 507/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Souto Budiño contra Fondo de Garantía Salarial, Lina María Hernández Malagón, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza número 11/19.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Ricardo Souto Budiño fronte a Lina María Hernández Malagón e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 1.759,91 euros en concepto de débeda salarial por salarios debidos e indemnización de despedimento improcedente, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lina María Hernández Malagón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza