Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 919/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 919/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Regueiro contra a empresa Santiago Dos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que se estime integramente a demanda presentada pola parte demandante contra Santiago Dos, S.L. e administrador concursal e se condene a empresa demandada ao aboamento de 867,78 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores aplicados a esta última cantidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á administración concursal, que é condenada a aterse a esta declaración.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

Para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza