Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 347/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 347/2018 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Jesús Manuel Suárez Denis contra a empresa Agrícola Compostela, S.L., Eduardo Porta Viu e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Dada conta, tendo coñecemento neste xulgado de que a parte demandada, Agrícola Compostela, S.L., foi declarada en concurso voluntario polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 23.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), acordo unir copia do edicto do 3 de xullo de 2018, publicado no BOE, no cal se designa a Eduardo Jaime Porta Viu como administrador concursal da demandada Agrícola Compostela, S.L.

Ter como parte neste procedemento o devandito administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, aos cales se lles dará traslado da demanda, así como do resto de resolucións que se diten neste procedemento.

Visto o anterior, déixase sen efecto o sinalamento para os actos de conciliación e xuízo o día 25 de xuño de 2019, ás 11.30 horas.

Fixado un novo sinalamento do acto de xuízo para o día 8 de xullo de 2019, ás 10.45 horas, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento.

A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Agrócola Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza