Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31305

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (862/2016).

José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia número 4 desta cidade, dou fe:

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 24 de abril de 2017.

Demandante: Volkswagen Finance S.A., E.F.C.

Avogado: Francisco José Pérez Ares.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín.

Demandado: Juan Ángel Pena Sardiña (rebelde).

Procedemento: ordinario 862/2016.

Resolución:

Debo aceptar e acepto substancialmente a demanda presentada por Volkswagen Finance, S.A. de xuízo ordinario sobre responsabilidade contractual contra Juan Ángel Pena Sardiña, ben que se deben realizar as seguintes declaracións previas:

Declaro a nulidade da condición xeral inserida no contrato de préstamo ao consumo asinado o día 27 de maio de 2014, que prevé unha comisión de non pagamento de 30 euros por recibo sen vincularse a dilixencia concreta que a xustifique e a que prevé a imposición de xuros moratorios do 24 % anual.

Declaro a resolución do contrato de crédito ao consumo por incumprimento con efectos desde agosto de 2016 nos termos instados pola entidade demandante.

Condeno o demandado ao reintegro da cantidade de vinte e un mil setecentos vinte e cinco euros con oitenta e catro céntimos (21.725,84 euros) cos xuros pactados.

As custas impóñense ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a DA décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, a Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000, indicando no campo do concepto o texto “recurso” seguido do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. O maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Ángel Pena Sardiña, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 19 de abril de 2018

O letrado da Administración de xustiza