Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31307

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (PO 489/2017).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria fai saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario 489/2017, seguido por instancia de Amadeo García Ingerto contra Rita García Portela, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte.

«Sentenza.

Sarria, 20 de maio de 2019.

Vistos por Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos neste xulgado baixo o número 489/2017, iniciados por Ana María López Vila, procuradora dos tribunais, e Amadeo García Ingerto, asistido pola letrada María José García Arias, fronte a Rita García Portela, que foi declarada en situación de rebeldía procesual.

Decido que debo declarar e declaro que os predios descritos no feito primeiro da demanda pertencen á comunidade formada por Amadeo García Ingerto e a Rita García Portela nas seguintes porcentaxes:

A Amadeo García Ingerto correspóndenlle as 7/9 partes dos terreos descritos no feito primeiro da demanda.

A Rita García Portela perténcenlle as 2/9 partes dos terreos descritos no feito primeiro da demanda.

Que debo declarar e declaro que procede a disolución da comunidade, e que debe procederse á venda dos predios e á distribución do prezo obtido entre as partes segundo a porcentaxe que lles corresponde no dominio.

Con imposición de custas á parte demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación.

Así o acordo, mando e asino, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada de adscrición territorial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria».

E para que sirva de notificación a Rita García Portela, expido e asino este edicto.

Sarria, 3 de xuño de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza