Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 252/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 252/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelo Álvarez Alfaya contra a empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.U., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 2 de maio de 2019 contra a cal non cabe recurso ningún e que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza