Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31303

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 979/2019 BC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 979/2019. BC

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 287/2018 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Graciane Máximo de Morais

Avogada: Elena Domínguez Taberna

Procurador: Antonio Álvarez Blanco

Recorridas: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Esogie Sikale Erhabor, Jeca Costinela, Lica Mariorara Moroianu, Mónica Sofía Silveira Vicente, Andrea Iona Cirpaci, Verónica Florentina Cozac, María de Fátima Borges Vargas

Avogado: letrado de la Seguridad Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 979/2019 desta sección, seguido por instancia de Graciane Máximo de Morais contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Esogie Sikale Erhabor, Jeca Costinela, Lica Mariorara Moroianu, Mónica Sofia Silveira Vicente, Andrea Iona Cirpaci, Veronica Florentina Cozac, María de Fátima Borges Vargas, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Graciane Máximo de Morais contra a sentenza ditada o 18.10.2018 polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, en autos 287/2018 sobre procedemento de oficio, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a recorrente e outros, resolución que se confirma na súa integridade.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esogie Sikale Erhabor, Jeca Costinela, Lica Mariorara Moroianu, Mónica Sofia Silveira Vicente, Andrea Iona Cirpaci, Veronica Florentina Cozac, María de Fátima Borges Vargas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza