Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31301

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3494/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 3494/2018-GA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 567/2015 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Margarita Varela Lema

Avogados: Alicia Llan Lodos, Pedro Blanco Lobeiras

Recorridos: INSS, Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores (Asaja Galicia)

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3494/2018-GA desta sala, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Margarita Varela Lema contra o INSS e a Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores (Asaja Galicia), sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos.

Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a representación letrada da demandante contra a Sentenza do 14 de marzo de 2018, ditada nos autos número 567/2015, seguidos por instancia da demandante Margarita Varela Lema fronte a INSS, Mutua Gallega, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores (Asaja) e ao administrador concursal desta última, sobre reclamación de prestacións de incapacidade temporal non pagadas, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza