Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30735

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2019 pola que se anula a Resolución do 3 de abril de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, polo sistema de promoción interna.

Mediante a Resolución do 3 de abril de 2019 (DOG núm. 72, do 12 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna, para cubrir dezaseis prazas na escala de xestión da Universidade de Vigo polo sistema de concurso-oposición.

Con data do 13 de maio de 2019, unha persoa interesada interpuxo recurso de reposición contra a devandita resolución e fundamentouno na non inclusión da reserva de prazas para a quenda de discapacitados prevista no artigo 48.2 Lei 2/2015, do 29 de abril (DOG núm. 82, do 4 de maio) do emprego público de Galicia (LEPG).

Con data do 19 de xuño de 2019 dítase resolución pola cal se resolve o recurso de reposición reflectido no punto anterior, estimando parcialmente a petición do recorrente no sentido de entender procedente a inclusión da reserva de prazas para a quenda de discapacitados prevista no artigo 48.2 da LEPG, que se manifesta expresamente no punto 2 da resolución: «Declarar a nulidade da Resolución do 3 de abril de 2019 e ditar unha nova resolución pola que se convoque o proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión da Universidade de Vigo, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna, no sentido de aplicar a porcentaxe prevista nos artigos 59 do EBEP e 48.2 da LEPG nas prazas desa escala correspondentes a cada unha das ofertas de emprego público, o que supón a reserva de dúas (2) prazas para a quenda de discapacitados, unha (1) correspondente á OEP de 2016 e unha (1) da OEP de 2017».

De conformidade co exposto, esta reitoría, en uso das competencias que lle confire a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE nº 307, do 24 de decembro), de universidades, e, polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro)

RESOLVE:

1. Anular a Resolución do 3 de abril de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, polo sistema de promoción interna.

2. Ditar unha nova resolución de convocatoria de proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión da Universidade de Vigo na cal, en aplicación do disposto nos artigos 59 do EBEP e 48.2 da LEPG, se reservarán un total de dúas (2) prazas para a quenda de discapacitados, unha (1) correspondente á OEP de 2016 e unha (1) da OEP de 2017.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo