Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30737

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 176/2019-GA).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 176/2019 desta sala, seguido por instancia de María Jesús Couceiro Naveira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Serlimat Española, S.L. e Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que, aceptando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a Sentenza do 6 de xuño de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, nos autos 1093/2015, revogamos a sentenza contra a que se recorreu e declaramos que o período en que permaneceu a demandante en situación de incapacidade temporal, iniciado con data do 27 de xullo de 2015, foi derivado da continxencia de enfermidade profesional, e condeno as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e a Mutua Fremap ao aboamento da prestación correspondente, como consecuencia de tal declaración.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Serlimat Española, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza