Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30534

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1793/2018).

F02 familia, garda, custodia alim. fillo menor non matrimonial NO C 1793/2018

Procedemento orixe:

Sobre alimentos provisionais

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que omo consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, Roberto Canda Vázquez

Cédula de notificación:

No presente procedemento ditáronse sentenza e auto de aclaración desta, cuxos encabezamentos e resolución/parte dispositiva teñen o seguinte teor literal:

Sentenza alimentos

Sentenza nº 409/2019

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 2 de abril de 2019.

Vistos os presentes autos nº 1793/18 sobre garda, custodia e alimentos de fillo menor promovidos pola procuradora Sra. Lozano, en nome e representación de Silvia Rocha Estévez como demandante, asistida pola Sra. López, fronte a Roberto Canda Vázquez, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor Estela Canda Rocha, así como a súa pensión de alimentos, e fixo como medidas:

1º. A atribución da garda e custodia da filla á nai S.R.E., sendo compartida a patria potestade por ambos os dous proxenitores.

2º. Establecemento dun réxime de visitas a favor do proxenitor non custodio Roberto Canda Vázquez, consistente en:

a) Fins de semana alternas desde as 20.00 horas do venres ata as 20.00 horas do domingo, facéndose a entrega e recollida do menor no domicilio da nai.

b) Respecto do período vacacional de verán, durante o cal queda en suspenso o réxime de visitas ordinario, dividirase por metade entre ambos os dous proxenitores. En caso de discrepancia, elixirá os anos pares a nai e os anos impares o pai, con recollidas e entregas no domicilio da nai ás 20.00 horas.

c) Respecto ao período vacacional de Nadal, durante o cal queda en suspenso o réxime de visitas ordinario, dividirase por metade entre ambos os dous proxenitores. En caso de discrepancia, elixirá os anos pares a nai e os anos impares o pai. As recollidas e entregas realizaranse no domicilio materno ás 20.00 horas.

d) Respecto das vacacións de Semana Santa, dividirase por metade entre ambos os dous proxenitores. En caso de discrepancia, elixirá os anos pares a nai e os anos impares o pai, con recollidas e entregas no domicilio materno ás 20.00 horas.

3º. Obriga de satisfacer unha pensión de alimentos a favor da filla menor por parte de Roberto Canda Vázquez, que se fixa na cantidade de cento cincuenta euros (175 €) mensuais, así como o 50 % dos gastos extraordinarios. A devandita cantidade deberá ser aboada anticipadamente nos cinco días primeiros de cada mes no número de conta bancaria ES62 0081 0504 1300 0607 6815 dentro dos dez días primeiros de cada mes, cantidade que se actualizará anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que publique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Todo iso sen especial pronunciamento sobre as custas procesuais.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

Auto:

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego

Ourense, 31 de maio de 2019.

Auto do tribunal en que se resolve a solicitude de aclaración dunha resolución xudicial

Antecedentes de feito:

I. Que, tramitándose ante este xulgado procedemento de garda, custodia e alimentos número 1793/18, se ditou sentenza o 2.4.2019.

II. Solicita aclaración a parte ao existir erro en relación coa contía da pensión fixada en letra, ao estar ben a reflectida en número.

III. Dado traslado á parte contraria e ao fiscal, nada opoñen.

Parte dispositiva:

Acordo aclarar a Sentenza do 2.4.2019 e na resolución, onde di «...se fixa a cantidade de cento cincuenta euros (175 €)... », debe dicir: «...cento setenta e cinco euros (175 €)... ».

Fágase referencia do presente auto neste, únase ao libro de sentenzas e déixese en autos certificación literal deste, segundo o establecido no artigo 213 LAC e nos artigos. 265 e 266 da Lei orgánica do poder xudicial.

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso.

Mándao e asínao S.S.ª. Dou fe.

En virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 -164 e 497.2 da LAC, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma ao demandado, Roberto Canda Vázquez.

Ourense, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza