Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30537

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (555/2016).

Eu, María del Mar Pino Pérez, letrada substituta da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no XVB 555/2616 seguido neste xulgado, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 146/2017.

Vigo, 18 de xullo de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 555/2016 se seguen por instancia de María de la Luz Vilouta Bello, que compareceu representada polo procurador José Francisco Vaquero Alonso e defendida pola letrada María de los Ángeles Fernández Guisande, contra Juan Carlos Ramos Victoria e Jovana Souza Coutinho, declarados en situación de rebeldía procesual, e contra de María Josefa García Barbón, que compareceu representada polo procurador Germán Fernández Sampedro e foi asistida polo letrado Alfredo Rodríguez Varela, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de rendas debidas dun contrato de alugamento de vivenda.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda interposta por María de la Luz Vilouta Bello contra de Juan Carlos Ramos Victoria, Jovana Souza Coutinho e María Josefa García Barbón, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Juan Carlos Ramos Victoria, Jovana Souza Coutinho e a María Josefa García Barbón a aboarlle á demandante, con carácter solidario, a cantidade de 2.950 euros, á cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, contados desde a data da reclamación xudicial, que será o xuro legal, incrementado en dous puntos, a contar desde a data da presente sentenza.

2º. Condeno os demandados ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jovana Souza Coutinho, para que sirva de notificación, expido o presente.

Vigo, 24 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza