Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30532

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 703/2018-E).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, Flavia Zago de Oliveira.

Cédula de notificación:

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte teor literal:

«Sentenza nº 105

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de xaneiro de 2019.

Vistos os presentes autos nº 703/18 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Lorenzo, en nome e representación de Moisés Inácio de Mendonca como demandante, asistido pola letrada Sra. Cuquejo, fronte a Flavia Zago de Oliveira, declarada en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Moisés Inácio de Mendonca e Flavia Zago de Oliveira con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexisistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 – 164 e 497.2 da LAC, expídese este edicto para que sirva de notificación en legal forma á demandada Flavia Zago de Oliveira.

Ourense, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza