Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (336/2018-R).

Xuízo verbal 336/2018-R

Sobre sociedades

Demandante: Baygar, S.L.

Demandado: Óscar Franco Muíños

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Baygar, S.L. fronte a Óscar Franco Muíños ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza 68/2019.

Pontevedra, 15 de abril de 2019.

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, viu os presentes autos de xuízo verbal número 336/2018-R sobre reclamación de cantidade, promovidos por Baygar, S.L., representada pola procuradora Sra. Rendo Couto e defendida polo letrado Sr. Atrio Moreiras, contra Óscar Franco Muíños, en situación de rebeldía procesual, en que recaeu a presente resolución con base nos seguintes.

Resolución.

Estimando integramente a demanda interposta por Baygar, S.L., representada pola procuradora, Sra. Rendo Couto e defendida polo letrado Sr. Atrio Moreiras, contra Óscar Franco Muíños, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o expresado demandado a que pague á demandante a suma de 2.798,83 euros, máis os xuros legais, que se devindicarán desde a data da interpretación xudicial (23 de novembro de 2018) ata a data da sentenza, en que será de aplicación o establecido no artigo 576 da LAC.

Faise imposición das custas desta instancia á demandada.

Contra esta sentenza non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Óscar Franco Muíños, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 16 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza