Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29172

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (835/2018).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LACN) 835/2018, dimanante do procedemento ordinario número 145/2018 do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, seguido por instancia de ABM Rexel, S.L., contra Borja Gómez Malvar, no cal se ditou sentenza número 155/2019, con data do 25 de marzo de 2019, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Belenguer

Jacinto Jose Pérez Benítez

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados expresados con anterioridade, ditou en nome do rei a seguinte:

Sentenza 155/2019

Pontevedra, vinte e cinco de marzo de dous mil dezanove

Vista a peza de apelación tramitada co número 835/2018, dimanante do recurso de apelación interposto contra a sentenza pronunciada nos autos de xuízo ordinario seguidos co número 145/2018 ante o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, sendo apelante a entidade demandante ABM-Rexel, S.L., representada pola procuradora Sra. Angulo Gascón e asistida pola letrada Sra. Baladrón García, e apelado Borja Gómez Malvar, en situación de rebeldía procesual. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

A sala decide

Que estimando o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Angulo Gascón, en nome da entidade ABM-Rexel, S.L., contra a sentenza pronunciada o 8 de novembro de 2018 polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución e no seu lugar, estimando integramente a demanda presentada pola entidade ABM-Rexel, S.L. contra Borja Gómez Malvar, declarado en rebeldía procesual, debemos condenar e condenamos o demandado:

1°. A aboarlle á demandante a cantidade de pagamento de 227.398,35 euros, mais os xuros legais desde a interpretación xudicial (26.4.2018) e ata a data da sentenza, en que será de aplicación o artigo 576 da LAC.

2°. A aboarlle á demandante as cantidades que se devindiquen en concepto de xuros e custas procesuais nos tres procesos xudiciais seguidos contra a sociedade Gallega Santiago, S.L. ante os xulgados de Primeira Instancia números 1 e números 2 de Santiago de Compostela e que se deixan identificados no fundamento de dereito primeiro desta resolución.

3°. Ao pagamento das custas procesuais de primeira instancia.

Cada parte aboará as custas procesuais causadas pola súa intervención nesta alzada.

Así, por esta sentenza, xulgando definitivamente na instancia, pronúnciao, mándao e asínao a sala constituída polos maxistrados expostos na marxe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose o dito recorrido, Borja Gómez Malvar, en paradoiro descoñecido e para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente, co fin que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza