Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29171

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para acceso á escala de axudantes de arquivos, biblioteca e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2019 (DOG do 3 de abril e BOE do 30 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir seis (6) prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC, subgrupo A2, catro (4) pola quenda de promoción interna e dúas (2) pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, resolvo:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela