Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29174

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (182/2017).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Procedemento: xuízo ordinario 182/2017. Obxecto: responsabilidade contractual

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.

Procuradora: Araceli Barrientos Barrientos

Letrado: Luis Sanjiao García

Demandado: Carlos Cebreiro Vázquez

Procurador/a: sen profesional designado

Letrado/a: sen profesional designado

Vigo, 4 de febreiro de 2019

Resolución:

Declaro a nulidade e non aplicación por abusivas das cláusulas do contrato de préstamo subscrito entre as partes o 18.9.2014, sobre xuros de demora e comisión de devolución, e do contrato do 9.10.2015 sobre comisión de devolución.

Desestimo integramente a demanda interposta por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Carlos Cebreiro Vázquez e absolvo o demandado dos pedimentos de contrario, e impóñolle as custas á demandante.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC/00). O recurso interporase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, en que o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos Cebreiro Vázquez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 25 de abril de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza