Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificacion de sentenza (646/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 646/2016 por instancia de Oriente Emilio Romar Moreira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad Muprespa e a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. sobre incapacidade temporal, nos cales se ditou sentenza o 16.5.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Oriente Emilio Romar Moreira fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa e Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. a aboar a Oriente Emilio Romar Moreira en concepto de prestacións de IT a cantidade de tres mil douscentos sesenta e un euros con dezaseis céntimos de euro (3.261,16 euros), dos cales responderá a Mutua Fraternidad Muprespa en virtude do pagamento delegado da cantidade de tres mil cento cincuenta e cinco euros con trinta e dous céntimos de euro (3.155,32 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Concepción López Zalduendo fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal e a empresa Maruchi 2008 Peluquería, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Maruchi 2008 Peluquería, S.L. a aboar a Concepción López Zalduendo a prestación de IT por continxencia común sobre unha base reguladora de 32,66 euros diarios desde o seu inicio (23 de marzo de 2013 ata a finalización da relación laboral (8 de xullo de 2013), respondendo desta a Mutua Intercomarcal, con responsabilidade do INSS en caso de insolvencia da mutua.

– Condénase a Mutua Intercomarcal a aboar a Concepción López Zalduendo a prestación de IT por continxencia común sobre unha base reguladora de 32,66 euros diarios desde a data da extinción da relación laboral (8 de xullo de 2013) ata a finalización do período de baixa (6 de febreiro de 2014), con responsabilidade do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza