Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28776

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 57/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor Heinzen Bastián contra Renovación Estética del Automóvil, S.L. sobre ordinario, se ditou decreto do 24.5.2019, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Renovación Estética del Automóvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza