Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 74/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabino Ulla Puente contra Gandeiros Estradenses, S.C.L. sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e dilixencia de ordenación do 27.5.2019, impugnables en revisión no prazo de tres días, que se encontran ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Gandeiros Estradenses, S.C.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza