Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 142/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 142/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Paula Santomil Albor contra Esteban Carreira Francos e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado, Esteban Carreira Francos, en situación de insolvencia parcial por importe de 28.394,84 euros en concepto de principal máis outros 2.882,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Esteban Carreira Francos, insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza