Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DOI 69/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 69/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vázquez Fidalgo contra a empresa Value and Financial Backing, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Miguel Ángel Vázquez Fidalgo contra Value and Financial Backing, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada Value and Financial Backing, S.L., con data de efectos do día 31 de decembro de 2018, e, ao non ser realizable a readmisión do traballador demandante, debo declarar e declaro extinguida desde a data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada.

2. Debo condenar e condeno a Value and Financial Backing, S.L. a aboar ao demandante a suma de 14.780,44 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral desde a data desta resolución e a suma de 12.614,35 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento até a extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se for o caso, procedan respecto da dita suma na fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante noutro emprego, se for o caso, durante o devandito período de salarios de tramitación e en función do salario que, de ser o caso, estea a percibir no seu novo emprego.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Value and Financial Backing, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza