Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28388

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (XVB 618/2018).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio deste edicto anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal número 618/2018 seguido por instancia de María Dolores Fernández Romero, representada polo procurador Camilo Enríquez Naharro, contra José Antonio Pérez Iglesias, en situación procesual de rebeldía, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, estes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 618 do ano 2018, por instancia do procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome e representación de María Dolores Fernández Romero, e asistido do letrado Sr. Álvarez Porto, e, como demandado, José Antonio Pérez Iglesias, en situación procesual de rebeldía, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar totalmente a demanda interposta polo procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome e representación de María Dolores Fernández Romero, e asistido do letrado Sr. Álvarez Porto, e, como demandado, José Antonio Pérez Iglesias, en situación procesual de rebeldía, e declárase resolto o contrato de arrendamento existente entre as partes, relativo á vivenda sita na r/ Estrada da Granxa, nº 21, 1º B, en Ourense.

Condeno a demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de 1.732,35 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e condena en custas. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Ao encontrarse o dito demandado, José Antonio Pérez Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma, con indicación de que contra el non cabe interpor ningún recurso.

Ourense, 9 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza