Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1038/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 1038/2016 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 2 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. a aboarlle á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, como responsable directo, a cantidade de cincuenta mil seiscentos quince euros con nove céntimos de euro (50.615,09 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza