Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1069/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 1069/2016 por instancia de Soraya Martí Prieto contra Ranqui Hostelería, S.L. e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 9 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Soraya Martí Prieto contra Ranqui Hostelería, S.L., Víctor Manuel Carrera Lagoa e Silvina Raquel de Sousa, e en consecuencia:

– Condénanse a empresa Ranqui Hostelería, S.L. e Silvina Raquel de Sousa a aboarlle solidariamente a Soraya Martí Prieto a cantidade de catro mil setecentos vinte e catro euros con setenta e dous céntimos de euro (4.724,72 euros); os conceptos salariais devindican o xuro do 10 % do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

– Absólvese Víctor Manuel Carrera Lagoa das pretensións exercidas contra el.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma a Ranqui Hostelería, S.L. e Víctor Manuel Carrera Lagoa, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza