Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28386

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4328/2018-LD).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4328/2018-LD

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 25/2015 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: Luciano Nieto Fernández

Avogado: Celestino Barros Pena

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Egarsat Matepss número 276 (antes SAT Mutua)

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Olga Forrellat Armengol-Padros

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4328/2018 desta sala, seguido por instancia de Luciano Nieto Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Egarsat Matepss número 276 (antes SAT Mutua), sobre incidentes de execución, se ditou con esta data dilixencia de ordenación co seguinte contido:

«O anterior escrito subscrito polo letrado Sr. Barros Pena, en representación de Luciano Nieto Fernández, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito, coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Pontevedra que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Ao non achegar a parte recorrente a certificación da sentenza de contraste invocada, solicítese ao Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía con sede en Sevilla.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza