Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27496

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4489/2018-GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4489/2018GA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 936/2015. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Daniel Pardo Lage

Avogada: Aranzazu Navarrete Rey

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sistema Integral Tratamiento de Agua, S.L. (Sitagreen), Mutua Gallega, Galicia Mar Renovables

Avogada: letrada da Seguridade Social, letrada da Tesouraría da Seguridade Social, Alicia Llan Lodos

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4489/2018 desta sala, seguido por instancia de Daniel Pardo Lage contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Sistema Integral Tratamiento de Agua, S.L. (Sitagreen), Mutua Gallega e Galicia Mar Renovables, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Estimamos a pretensión subsidiaria do recurso de suplicación interposto pola letrada Aránzazu Navarrete Rey, en nome e representación de Daniel Pardo Lage, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 6 de xullo de 2018, en autos número 936/2015, que revogamos, declaramos a incapacidade permanente parcial do demandante-recorrente para a súa profesión habitual de técnico de resinas afiliado ao réxime xeral derivada de accidente de traballo, con dereito a percibir como prestación económica a cantidade a tanto global que resulte procedente, condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Sistema Integral de Tratamiento de Aguas e Galicia Mar Renovables, S.L. a respectar esta declaración, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo ao aboamento efectivo da prestación referida, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, e absolución da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e de Sistema Integral de Tratamiento de Aguas e Galicia Mar Renovables, S.L.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sistema Integral Tratamiento de Agua, S.L. (Sitagreen) e Galicia Mar Renovables, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinataris que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza