Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27495

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (PO 37/2018).

José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto anuncio:

No procedemento ordinario 37/2018, seguido por instancia de María Carmen Pemán Seoane, ditouse o auto do seguinte teor literal:

Maxistrados: Fernando Seoane Pesqueira, pte. Benigno López González, María Dolores Rivera Frade

A Coruña, oito de maio de dous mil dezanove

Antecedentes de feito. Único. O presente recurso contencioso-administrativo foi interposto por María Carmen Pemán Seoane sen indicar o obxecto do recurso nin xuntar copia da resolución impugnada, polo que se acordou requirila co fin de presentar a devandita resolución e foi imposible contactar con ela no correo electrónico que indicaba.

Fundamentos de dereito. Único. En aplicación do disposto no artigo 156.4 da vixente Lei de axuizamento civil e ante a imposibilidade de poñerse en contacto coa recorrente no enderezo indicado no escrito de interposición do recurso, procede acordar o arquivamento do actuado sen máis trámites. Polo exposto,

Parte dispositiva. A sala acorda arquivar o presente recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Pemán Seoane cos da súa clase. Unir certificación literal ao recurso e o orixinal ao libro rexistro correspondente. Así o acordan, mandan e asinan os anotados. E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Luis Vela Sánchez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 15 de maio de 2019

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza