Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27498

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1793/2018).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1793/2018-LD

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 568/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: José Ángel Pérez Pereira

Avogado: Alberto Muñoz Rodríguez

Recorridos: Fogasa, Novanam Limited, Pescanova, S.A., Skeleton Coast Trawling PTY Lda. (Pescamar Ltda.), Nova Pescanova, S.L., Pesquerías Belnova, S.A.

Avogado/a: letrado do Fogasa, Ricardo Estrada Ibars

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1793/2018 desta sala, seguido por instancia de José Ángel Pérez Pereira contra Fogasa, Novanam Limited, Pescanova, S.A., Skeleton Coast Trawling PTY Lda. (Pescamar Ltda.), Nova Pescanova, S.L. e Pesquerías Belnova, S.A., sobre despedimento disciplinario, ditouse con esta data dilixencia de ordenación co seguinte contido:

«O anterior escrito subscrito polo letrado Sr. Muñoz Rodríguez, en representación de José Ángel Pérez Pereira, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Non achegando a parte recorrente a certificación da sentenza de contraste invocada, solicítese esta ao Tribunal Superior de Xustiza de Murcia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Novanam Limited, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza