Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (194/2019).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 194/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Purificación Rey Fanciño contra Autométalica, S.A., Cabinas Lagos, S.A., Activos Financieros de Bergondo, S.L., Roisber Servicios, S.L., María Luz Lago González, Equipos Lagos, S.A., Paint Trotter, S.L., Elementos Ecológicos, S.L., Fogasa, Equipos Ecológicos, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza, coa seguinte parte dispositiva:

Sentenza

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Purificación Rey Fandiño contra as entidades Equipos Lagos, S.A., Autometálica, S.A., Cabinas Lagos, S.A., Activos Financieros de Bergondo, S.L., Roisber Servicios, S.L., Paint Trotter, S.L., Elementos Ecológicos, S.L., e Equipos Ecológicos, S.L., e a empresaria individual María Luz Lago González, e en consecuencia debo declarar e declaro procedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 11 de xaneiro de 2019 pola súa empregadora Equipos Lagos, S.A.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito para interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Mª Luz Lago González, Autometálica, S.A., Elementos Ecológicos, S.L. e Cabinas Lagos, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, catorce de maio de dous mil dezanove

A letrada da Administración de xustiza