Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1108/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1108/2016 por instancia de Iván Armada Gestal, Beatriz Armada Gestal e María Luz Gestal Zas, en nome da comunidade hereditaria de Leonardo Armada López contra a empresa Masanteu, S.L., sobre mellora voluntaria, nos cales se ditou sentenza en data 8 de maio de 2019, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión

Estímase parcialmente a demanda interposta por Iván Armada Gestal, Beatriz Armada Gestal e María Luz Gestal Zas, en nome da comunidade hereditaria de Leonardo Armada López fronte á empresa Masanteu, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Masanteu, S.L. a aboarlle á comunidade hereditaria de Leonardo Armada López (Iván Armada Gestal, Beatriz Armada Gestal e María Luz Gestal Zas) a cantidade de doce mil euros (12.000 euros) máis os xuros legais.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Bastará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Masanteu, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza